CURSO DE BAILE REXIONAL

Hoxe, un grupo de rapaces e rapazas da asociación "Peleriños" de Sarria, visitaron ós alumnos de Educación Primaria para animalos a participar nun curso gratuito que ofrecen durante catro días do mes de xullo pola tarde, no que a través do xogo aprenderán bailes tradicionais. Primeiro fixeron unha pequena exhibición e logo invitaron a todos a bailar con eles, o que resultou moi divertido.

Así que animádevos e acompañade a estes rapaces que están a facer un traballo tan bonito como o de manter vivas as nosas tradicións.