DE PRIMARIA A SECUNDARIA

O Concello de San Sebastián de los Reyes ven de presentar unha Guía de Orientación Educativa, co obxectivo básico de facilitar a transición de Primaria a Secundaria. Neste documento aparece información básica sobre os cambios que se producen no alumnado durante a adolescencia, sobre o cambio de etapa educativa e a traxectoria da nova etapa que comeza, así como pautas orientativas: hábitos saudables, como se debe estudar  e como pode participar a familia nesta etapa.
Premede na imaxe para acceder a Guía.