O Plan Proxecta é unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en colaboración con diferentes organismos dirixida a fomentar a innovación educativa nos centros.
Dentro do ánimo do centro de participar en diferentes iniciativas educativas, solicitáronse varios programas, dos cales foi concedido o de Clases sen fume, para 1º e 2º da ESO, que se desenvolverá ao longo deste curso escolar.
Con este programa trátase de evitar que os alumnos se inicien no hábito do tabaquismo e axuden a saír del a persoas da súa contorna.