PARTIDO C.B. DURÁN MAQUINARIA ENSINO - AL QÁCERES EXTREMADURA

O pasado venres tivemos a sorte de asistir ao Pazo Provincial dos Deportes de Lugo, para presenciar o encontro que disputaron o C.B. Durán Maquinaria Ensino contra o Al Qáceres Extremadura.

Foi un partido intenso e emocionante ata o final no que disfrutamos animando con todas as nosas forzas ás xogadoras de Lugo, e no que o Ensino nos fixo sentir coma na casa, estando en todo momento pendentes de nós e no que compartiu o seu tempo cos nosos alumnos/as.

Dende o cole queremos agradecer ao clube o voso interese porque nos sentiramos ben, o voso agarimo recibido... en definitiva, a maneira en que nos tratastes, xa que foi espectacular.

Tamén dar as grazas ás xogadoras, que nos deron un anaco do seu tempo para que os nenos/as puideran compartir palabras ou fotos con grandes deportistas coma sodes.

DENDE O COLEXIO DA ASUNCIÓN DE SARRIA DESEXÁMOSVOS O MELLOR PORQUE ASÍ O MERECEDES. 

ÁNIMO E GRAZAS POR TODO!!!