CONSTRÚE O TEU TERRITORIO.

Hoxe, os alumnos e alumnas de 3º, 4º ,5º e 6º de Educación Primaria asistiron a un obradoiro ofrecido pola asociación ecoloxista ADEGA. Nel, os nenos tiveron que construir a súa propia vila ou cidade tendo en conta os elementos que deben estar presentes nunha localidade ben organizada, e para iso contaron coa axuda de Anxo, o monitor, que lles ensinou un montón de cousas novas e lles fixo ver a importancia do desenvolvemento sostible. Dende aquí, queremos darlle as grazas por facer un traballo tan importante para que as vindeiras xeracións sigan axudando á conservación do contorno.