DE AQUÍ NON PASAS!

De aquí non pasas! é unha web de Save the Children, a ONG de defensa e promoción dos dereitos da infancia. Centra a súa atención no mundo das redes sociais. A web trata de dar consellos sensatos e razoables, que axuden aos adolescentes a participar nas redes sociais dunha forma segura e responsable. Para iso non é preciso recurrir a complicadas receitas, pois na maioría dos casos basta con utilizar o sentido común. En definitiva, trátase de non facer nas redes sociais o que xamais faríamos na vida real.


-