Obradoiro de Nadal. Adornos reciclados.

O venres 29 de novembro o grupo "asuntillos" levou a cabo un obradoiro de adornos de Nadal. Fixeron catro manualidades diferentes: guirlandas e estrelas de papel, bolas de lá, guirlandas de tapóns e figuras de pasta de sal. Todos os rapaces pasaron por todos os grupos e aprenderon como facer adornos para a árbore de Nadal feitos por eles. Pasárono moi ben e pronto poderemos ver as súas creacións adornando o colexio. Os monitores da ESO fixeron un traballo estupendo. Moitas grazas polo voso tempo e dedicación.