EDUCACIÓN EMOCIONAL E SOCIAL

   Neste video do Programa Redes Elsa Punset entrevista ao psicólogo e experto en educación emocional holandés René Diekstra. Explícanos que a educación das emocións é unha necesidade urxente que temos que afrontar nas nosas escolas desde as primeiras etapas do sistema educativo.

    O efecto que ten a Educación  Social e Emocional nos alumnos favorece o seu desenvolvemento integral, o seu benestar emocional, o seu rendemento académico e as súas relacións sociais.