Charla coloquio na "Semana da Infancia Misioneira"

O luns, día vinte, e co gallo da "Semana da Infancia Misioneira" os alumnos de Primaria e 1º e 2º de ESO tiveron a oportunidade de escoitar ao P. Antonio Guirao, misioneiro comboniano que falou da súa experiencia en Kenia, nun centro de nenos con minusvalías físicas.
 As imaxes e as explicacións aportadas polo relixioso deron a coñecer aos alumnos a realidade coa que loitan nenos coma eles e a importancia do traballo dos misioneiros para axudar aos máis necesitados.
Resultou unha actividade moi enriquecedora.