O pasado mércores, 12 de xuño, celebramos a despedida de Asuntillos deste curso 2012-2013.
Tanto os alumnos/as, pre-monitores coma os profesores disfrutamos dunha sorprendente tarde, na que, tras realizar diferentes probas dunha "gymkana" pola vila de Sarria, os participantes recibiron cadansúa medalla.
Os pre-monitores tamén recibiron o seu diploma como recoñecemento á súa labor e aportación durante todas as actividades de Asuntillos deste curso.
Para finalizar merendamos todos xuntos nas pistas do colexio.