DÍA ESCOLAR DA PAZ E A NON VIOLENCIA.

Hoxe celebramos no colexio o Día escolar da Paz e a non Violencia. Este ano, co lema "apertas de paz", decoramos os corredores.

Aproveitando que todo o centro está a participar activamente nun proxecto de reciclaxe, decidimos decorar a nosa pomba con tapóns de plástico.

Reunímonos todos en torno á pomba e, un por un, todos os alumnos e profesores colocaron os tapóns ata cubrila por completo.
Os días previos, preparamos un "decálogo da paz" que leron alumnos de distintos cursos. Rematamos a actividade cantando todos xuntos a canción "los niños queremos la paz"
E así quedou a nosa pequena aportación na procura dun mundo mellor, en paz e sen violencia.