COMEZAMOS COA COMPOSTAXE

Como sabedes, a comunidade educativa da Asunción está a participar no proxecto da Consellaría de educación "recíclate con Sogama" dende o mes de outubro. Levabamos anos concienciados do problema dos residuos e facendo recollida selectiva, pero este curso contamos cunha illa de reciclaxe que nos facilita moito as cousas. Dende xaneiro contamos, ademáis, cun compostador que colocamos ao lado da horta, de maneira que, se todo sae ben, pronto teremos o noso propio abono fabricado a partir dos restos orgánicos do comedor escolar. Os alumnos de 6º, encargados do compost, están aprendendo moito sobre o proceso da compostaxe e, despois de elaborar uns chamativos e útiles carteis para distinguir o que se pode botar e o que non, pediron colaboración nas dúas cociñas que hai no centro: a da comunidade e a do comedor. Nas dúas colocaron recipientes especiais para separar os residuos orgánicos, ademáis de dar un rápido cursiño de formación ás cociñeiras. Todas están escantadas de poder colaborar, e pronto veremos os primeiros resultados. Aquí tedes unha pequena presentación sobre o compostador. Se queredes ver máis actividades de reciclaxe, visitade o blogue do 3º ciclo.