EUCARISTÍA DE SANTA Mª EUGENIA
O pasado 10 de marzo, celebramos no noso colexio a festividade de Santa Mª Eugenia, fundadora da Asunción.
Neste ano conmemórase tamén a chegada da Asunción a España, fai 150 anos, coa fundación do Colexio de Málaga.
No noso centro, comezouse a xornada cunha Eucaristía na Igrexa do Rosario e na que participaron todos os alumnos, relixiosas, profesores e persoal do centro e contamos ademais coa asistencia de familiares dos alumnos e amigos da Asunción.
Amosamos as fotos desta celebración !