AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS NO ANO 2014

A Xunta de Galicia acaba de convocar prazas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras para alumnos de Educación Secundaria e Bacharelato. Trátase de campamentos de inmersión lingüística de unha ou dúas semanas de duración. Premendo na imaxe accederedes a toda a información e á solicitude da axuda. Para calquera cuestión, non dubidedes en achegarvos ao centro.