CHARLA DO SEPRONA

O pasado venres 28 de marzo, un grupo de membros do SEPRONA acudiu ao centro para falar cos nosos alumnos e darlles a coñecer un pouco mellor a súa función e a importancia de coidar o medio ambiente. As charlas informativas estiveron adaptadas ás diferentes etapas e os alumnos estiveron moi atentos, interesados e amosaron que xa tiñan bastantes coñecementos sobre o tema. Queremos agradecer a este colectivo a súa colaboración e interese por formar aos nenos e xoves.