Viaxe de 2º de ESO a Gran Bretaña

Sete alumnas e alumnos de 2º de ESO estarán no Reino Unido do 5 ao 10 de abril xunto con outros alumnos do Colexio da Asunción de Ponferrada. Durante a súa estancia, os alumnos estarán integrados nas clases dun colexio de Brighouse no condado de Yorkshire, participando nas actividades lectivas cos alumnos británicos e realizando visitas a Liverpool e outras localidades. Tamén terán tempo de lecer e actividades deportivas.
WebRep
currentVote
noRating
noWeight