23 DE ABRIL. DÍA DO LIBRO.

Hoxe recibimos no colexio unha visita moi especial. Con motivo da celebración do día do libro, acompañounos a escritora Rakel G. Alonso, antigua alumna do colexio e autora do recén publicado "los guerreros de Cómit, aventura en Lutecia", a súa primeira obra, que está tendo unha gran acollida. Con moita simpatía e cercanía, contounos moitas cousas sobre o proceso creativo e as súas inspiracións. Tamén contestou ás moitas preguntas que lle fixeron os alumnos de 3º ciclo e 1º e 2º de ESO. Varios alumnos xa o leran e fixeron moi boas críticas del, e outros moitos trouxeron os seus exemplares para que a autora llos dedicase. Felicidades, Rakel, e moitas grazas.

 

Presentación de Los guerreros de Cómit, aventura en Lutecia, de Rakel G Alonso by Slidely Slideshow