CONVIVENCIA "ASUNTILLOS" EN LEÓN.

Os pasados venres 23 e sábado 24 de maio, un grupo de alumnos de 3º, 4º e 5º de Primaria que forman parte de Asuntillos, viaxaron a León con catro dos seus monitores de 3º e 4º de ESO e dúas profesoras para asistir á convivencia organizada para os colexios da zona norte. Tamén asistiron alumnos dos colexios de León e Ponferrada. A experiencia resultou moi motivadora e positiva para os alumnos, que entre outras cousas, fixeron unha gincana románico-gótica pola cidade leonesa.