Ruta en bicicleta

O pasado sábado 11 de xuño o grupo "Asuntillos ", acompañados polos premonitores e dous profesores desfrutaron dunha divertida ruta en bicicleta. 
Pasaron unha agradable mañá percorrendo os arredores da vila e facendo algún alto no camiño para poder repoñer forzas.
Esta actividade, ademáis de para compartir un bo rato de ocio cos compañeiros, serviu para que os integrantes do grupo deixaran patente a súa boa forma física, superando incluso a dos máis veteranos!
Queremos agradecer a todos os participantes o seu bo comportamento e tamén a axuda e colaboración dos premonitores para que a actividade resultase todo un éxito!.