PROBAS TRINITY

Hoxe rematamos as xornadas de exames de Trinity, despois de dous días moi intensos de traballo, nervios e esperas, así que xa vos podemos dicir que o resultado foi un éxito, cun 96% de aprobados, o que é moi positivo dado o alto número de alumnos que se presentaron (67) e que moitos deles eran de niveis altos, e polo tanto máis difíciles. Noraboa a todos e seguide así.