24 DE OUTUBRO. DÍA DAS BIBLIOTECAS.

"Nas bibliotecas podes ser quen ti queiras. Dende Mary Poppins ata Matilda, a Atreyu, Drácula ou incluso Pippilotta Viktualia Rullgardina Krusmynta Efrainsdotter Langstrumpo. Podes poñerte botas de pelo, plumas, zancos e sombreiros.".

Así describe as bibliotecas Ledicia costas no pregón conmemorativo do Día da biblioteca 2016.

Este ano, as elexidas para a redacción do pregón e o diseño do cartel foron a galega Ledicia Costas (Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2015) e a vasca Elena Odriozola (Premio Nacional de Ilustración 2015) 

Dende 1997, cada 24 de outubro celébrase o Día das Bibliotecas. A Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil propuxo esta data para conmemorar a destrucción da biblioteca de Sarajevo durante a guerra dos Balcáns, como medio para destacar a importancia da biblioteca como lugar de encontro entre lectores de todas as idades coa cultura e como instrumento de mellora da formación e a convivencia humana.

 

Enlace ao pregón completo