MES DA CIENCIA EN GALEGO

Dende a Consellería de Educación estase a impulsar a celebración anual de novembro como "Mes da Ciencia en Galego".

Para sumarnos a esta iniciativa a primeira das actividades que desenvolvemos foi a videoconferencia que celebramos hoxe no noso centro denominada "A ciencia da programación en galego". Foi impartida por Manuel Caeiro Rodríguez, Doutor en Enxeñaría de Telecomunicación, profesor na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación na Universidade de Vigo e responsable da rede TELGalicia sobre innovación educativa e da aplicación.

Asistiron os alumnos de 3º e 4º da ESO e resultou moi interesante e entretida. Estivemos en liña con outros 75 centros da nosa comunidade o que supoñía máis de 4200 alumnos pendentes desta videoconferencia.

O profesor Caeiro contou a historia da programación dos ordenadores dende a orixe do algoritmo dos árabes ata chegar ás linguaxes de programacións actuais. Tamén falou de varias ferramentas doadas para introducirse no mundo da programación e contou algunhas curiosidades facendo referencias a películas coñecidas polos alumnos coma Matrix ou Terminator e tamén a aplicacións coma Twitter ou Google.

Foi unha iniciativa moi proveitosa e interesante.