Charla Garda Civil


Hoxe os alumnos de 5º e 6º de EP recibiron unha charla sobre "Perigos de internet e ciberacoso" por parte dun membro da unidade de delitos telemáticos da Garda Civil, onde lles informou dos riscos que corren dende o momento en que comezan a conectarse e ademáis recibiron información e consellos para saber detectar e actuar ante un caso de acoso escolar. 


Por outra banda os alumnos da ESO recibiron unha charla sobre "Drogas e alcohol", a cargo dun membro da Garda Civil. Éste explicoulles os danos que podía causar o inicio do consumo de calquera tipo de droga a idades tempranas e como lles ía a afectar segundo a cantidade que tomasen, o tipo de droga e a frecuencia. Viron algún exemplo de casos reais de como o alcohol fai estragos no fisico e tamén explicou cales eran os principais danos psicolóxicos.


Foron unhas charlas moi instructivas nas que os alumnos estiveron moi atentos e ao rematar fixeron preguntas moi interesantes.