"Separemos ben, reciclaremos mellor"

Onte os alumnos de primaria e secundaria, recibiron unha charla sobre como separar correctamente o lixo, para axudar despois ao seu reciclaxe.

Esta charla desenvólvese dentro do programa de Sogama "Separemos ben, reciclaremos mellor", no que está participando o colexio. Con ela, inténtase concienciar á xente do importante que é depositar o lixo nos colectores axeitados.