Arpexos de Ciencia


Continuando coas actividades para celebrar o mes da ciencia en galego, os alumnos de 1º e 2º da ESO poideron ver en directo dende Internet, mediante unha sesión en streaming, o espectáculo de ciencia "Arpexos de ciencia".


Dito espectáculo celebrábase en Tecnópole, o parque Tecnolóxico de Galicia, con motivo de Galiciencia, que é a feira científca que cada ano se celebra en Galicia e este ano chega a súa novena edición.


O espectáculo consistiu nunha serie de experimentos científicos, rápidos e curtos, que explicaban conceptos moi básicos, e outros non tanto, da física. A maior parte deles eran conceptos facilmente identificables polos alumnos xa que se suceden ao seu redor continuamente, a maioría relacionados co son e as ondas en xeral.


Estiveron moi entretidos e interesados e a sesión resultou moi amena e instructiva.