Sensores para todos


Seguindo coa celebración de novembro como mes da ciencia, hoxe os alumnos de 3º e 4º da ESO acodiron a Deputación de Lugo ao obradoiro "Sensores para todos".


Dito obradoiro foi organizado por Igaciencia e nel o que fixeron foi utilizar distintos sensores para obter medidas e a continuación poder establecer distintas leis físicas.


Primeiro aprederon a manexar os robots NXT e despois realizaron varias experiencias de captura de datos (dattalogging). Esta actividade propúxonos que se interrelacionaran varias materias fomentando así a interdisciplinariedade. En concreto implicáronse as ciencias STEM, Matemáticas con representación de datos, Física con toma de datos físicos (son, temperatura, humidade, distancia, ....), Tecnoloxía cos propios aparatos que se empregaron e incluso o Arte vendo a obra da pintora Bridget Riley, figura destacada dentro do movemento artístico Op Art. 


Foi unha actividade moi ben organizada e moi instructiva.