ASUNTILLOS DE NOVEMBRO: PASAPALABRA

     O venres 21 de Novembro de 2014, os alumnos de 5º e 6º de
Educación Primaria, participaron na actividade Pasapalabra, enmarcada dentro do
programa de Asuntillos Asunción.

     Consistiu en
dous roscos con todas as letras do abecedario. No primeiro rosco puxéronse
definicións adaptadas aos seus cursos (5º e 6º) para as que os rapaces
tiñan que buscar a palabra adecuada sabendo a letra pola que comezaba.

     O segundo rosco foi moito máis divertido, con probas de habilidade, razoamento,
adiviñas, explicar películas sin usar as palabras tabú en cada caso e por
ultimo probas de caracterización.

     Divertíronse moito e
compartiron unha tarde de xogo e relación entre eles e cos monitores
(alumnos de 3º e 4º de ESO e 1º de BAC). Proba delo son as seguintes imaxes da velada:

 

 

Estos son os animais que formaron cos materiais de que dispoñían: botellas, vasos de iogur, follas secas, noces, landras, froita...