NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO


O martes 25 de novembro,  celebrase o día contra a violencia de xénero, por elo, os alumnos de 3º e 4º de ESO recibiron unha sesión de formación e información en este tema tan controvertido. Foi un taller educativo que levou a cabo unha traballadora do Centro de Información á Muller (CIM), pertencente ao Concello de Sarria.


Os alumnos participaron activamente dando as súas opinións e facendo preguntas cando tiñan algunha dúbida ou curiosidade.


A partir de aquí, e con toda a información que os alumnos recollen da prensa e coa que xa teñen de traballar esta temática outros anos, van participar no concurso de Lemas Ilustrados que para este ano lanza o CIM.


Na hora de titoría desta semana reuniránse por parellas y trataran de facer os mellores traballos para que participen no certame, no que todos os anos está presente o noso colexio.