CONCERTO DIDÁCTICO

Hoxe, os alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria tiveron a oportunidade de coñecer de cerca moitos instrumentos musicais da man dos profesores do Conservatorio de música Cantiga de Sarria. Os alumnos puideron probar moitos dos instrumentos e escoitar o ben que tocan os profesores. Moitas grazas a todos, especialmente a Berta.