Saída cultural 1º e 2º da ESO


O pasado día 3 de decembro, os alumnos de 1º e 2º da ESO, realizaron a saída cultural do primeiro trimestre.


A primeira parada, e destino principal, da saída, foron as Fragas do Eume. Ao chegar ao centro de interpretación das mesmas, puxéronlles un vídeo sobre a fauna das Fragas. A continuación, acompañados dun garda das Fragas, fixeron unha pequena rota camiñando a través delas. Perante o camiño foilles explicando diversos aspectos sobre o coidado e recuperación da fauna e flora da contorna. O parque é un bo exemplo de bosque de ribeira, e distínguese polos seus ecosistemas de elevada diversidade, particularmente en canto á flora. 



Despois trasladámonos a comer a Coruña, onde desfrutaron dun tempo de lecer.


Xa pola tarde, desprazámonos a Betanzos, onde poidemos pasear polo parque do Pasatempo. Este parque foi obra dun indiano, D. Xoan Naveira, que quixo plasmar nel moitas das visións das súas viaxes ao longo do planeta para amosárllelos a todos aqueles que o desexaran. Poderíase falar do primeiro parque temático e enciclopédico da península, que mesmo chegou a saír nas guías de viaxes de Europa e converteuse en paso obrigado para todos os peregrinos do camiño inglés.

Foi un día proveitoso, onde tanto alumnos como titoras desfrutaron de ámbalas dúas visitas.