Teatro para a ESO

O venres día 23 os alumnos de ESO, acompañados dos titores e o director, viaxaron ata o auditorio Gustavo Freire de Lugo para asistir a representación adaptada da obra de Valle-Inclán "Luces de Bohemia". A obra tivo unha duración aproximada de unha hora. Despois da representación tivemos unha breve charla cos actores onde reflexionamos sobre a vixencia das realidades expostas na obra.