DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ.

Hoxe celebramos no colexio o día escolar da non violencia e a paz. Baixo o lema "construindo a paz" entre todos os alumnos fabricaron e despois montaron as pezas dun puzle que formaba o símbolo da paz. Aproveitamos para a decoración das pezas material de refugallo e contamos coa actuación especial do grupo "R.A.S." formado por alumnos do colexio, que interpretaron a canción "Hallelujah" de Leonard Cohen. Noraboa, encantounos a vosa actuación, sodes uns músicos estupendos.