Taller de Seguridade Informática para 3º de ESO

Hoxe os alumnos de 3º de ESO asistiron na Casa da Cultura de Sarria a un "Taller de  Seguridade Informática para Nenos e Pais". O taller foi impartido por un experto en sistemas informáticos e centrouse en como evitar perigos no emprego de utilidades informáticas conectadas a Internet. 

A charla foi de especial interés para os alumnos como usuarios frecuentes da rede.