DOCES TENTACIÓNS!!!

Onte, venres 20 de febreiro, os alumnos/as de 5º e 6º de EP realizaron o obradoiro "DOCES TENTACIÓNS", enmarcado dentro das actividades de Asuntillos deste curso.

Como auténticos reposteiros, e coa axuda dos monitores (alumnos/as de 3º e 4º da ESO e antigos alumnos do cole), todos os alumnos/as lograron facer os cinco postres propostos: piruletas de plátano, ourizos, bufos, ovos fritidos con patacas e froitas con iogur.

Ao final, cada un degustou o seus postres realizados e recolleron cadanseu diploma.

Mirade como disfrutaron...