Escolares

Viaxe dos alumnos de 3º e 4º EP a Gijón

Hoxe, os alumnos de 3º e 4º de EP, partiron cara terras astures para desfrutar dun par de días cheos de actividades.

Chegaron sobre as 13:30 horas, despois dunha tranquila viaxe, e fixeron diversas actividades durante o día.

Esperamos que mañá desfruten tanto como o fixeron hoxe.

Pasádeo ben!!! 

 

DÍA DO "BOCATA SOLIDARIO"

DÍA ESCOLAR DA PAZ

O venres 29 de xaneiro celebramos no colexio o día escolar da non violencia e a paz poñendo "rumbo cara á paz" no barco da Asunción, no que levamos 50 anos navegando xuntos. Alumnos de ESO leron un manifesto pola paz e todos xuntos cantamos a canción "corazón de cremallera"

Día do Peón

16/11/2015 - 00:00
16/11/2015 - 17:00
Etc/GMT+1

Hoxe celebramos no noso centro o "Día do Peón". Estades todos convidados!!!

 

 

Entrega boletíns de notas ESO

23/06/2015 - 12:00
23/06/2015 - 14:00
Etc/GMT+1

Hoxe entregaránse os boletíns de notas aos alumnos da ESO, en horario de 12 a 14 h.

                                                                                                                                                                                                                                                                                                           

Entrega boletíns de notas EI e EP

19/06/2015 - 12:00
19/06/2015 - 14:00
Etc/GMT+1

Hoxe entregaránse os boletíns de notas aos alumnos de EI e EP.                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                

CONCURSO RECOPILA

 

DÍA DA BICICLETA

O venres 22 de maio celebraremos o día da bicicleta facendo unha ruta dende o colexio ata o Chanto, onde xantaremos e pasaremos un bo rato todos xuntos. Non olvidedes poñer as vosas bicis a punto, revisade os freos, o aire das rodas e traede casco.

 

 

DÍA DA BICICLETA

22/05/2015 - 11:45
22/05/2015 - 16:44
Etc/GMT+1

Celebramos  día da bicicleta cunha ruta ata o Chanto para xantar e pasar o día xuntos.

TORTA DA ASUNCIÓN

Hoxe, grazas ao traballo da nosa querida Beni, todos os alumnos puideron saborear a deliciosa torta da Asunción que só se fai unha vez ao ano, coincidindo  co día da fundadora. Como podedes ver, encantoulles. Moitas grazas, Beni!!!

SANTA MARIA EUGENIA

10/03/2015 - 22:00
Etc/GMT+1

O 10 de Marzo é o Dia da nosa Fundadora: Santa Mª Eugenia de Jesús.

ENTREGA DE PREMIOS "POESÍA DE NADAL"

Como todos os anos, os alumnos do colexio participaron no concurso da biblioteca Municipal "Poesía de Nadal". Hoxe, a responsable da biblioteca e o concelleiro de cultura achegáronse ata o noso centro para facer entrega de agasallos aos premiados:

Sandra Freire-2º EP, Yeray Rebolo-3º EP, Claudia Rodríguez-3º EP, Lucía Vilela-4º EP, David González-6º EP, María Pombo-6º EP, Paula No-1º ESO, Diego Pandiscia-1º ESO e Belén Garañana-2º ESO

 

 

Noraboa a todos!!!!

 

POR FIN NEVOU!

             Tantos anos esperando e por fin chegou a neve ao noso colexio. Que ben o pasaron os rapaces xogando a facer monecos de neve e á típica batalla de bolas de neve.

  

MANOS UNIDAS

 

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ.

Hoxe celebramos no colexio o día escolar da non violencia e a paz. Baixo o lema "construindo a paz" entre todos os alumnos fabricaron e despois montaron as pezas dun puzle que formaba o símbolo da paz. Aproveitamos para a decoración das pezas material de refugallo e contamos coa actuación especial do grupo "R.A.S." formado por alumnos do colexio, que interpretaron a canción "Hallelujah" de Leonard Cohen. Noraboa, encantounos a vosa actuación, sodes uns músicos estupendos.

Festa de Nadal

O pasado 18 de novembro, celebramos no noso colexio a Festa de Nadal.

No seguinte enlace podedes ver que ben o pasamos... 

 

Festa de Nadal


O 18 de decembro celebraremos no noso centro ás 15:30 h a...


Estades todos convidados!!! 

 

FESTA DE NADAL

18/12/2014 - 15:30
18/12/2014 - 17:00
Etc/GMT+1

Queridas familias:

A partir das 15:30h, terá lugar o noso tradicional Festival de Nadal. Non o perdades!!!

Arpexos de Ciencia


Continuando coas actividades para celebrar o mes da ciencia en galego, os alumnos de 1º e 2º da ESO poideron ver en directo dende Internet, mediante unha sesión en streaming, o espectáculo de ciencia "Arpexos de ciencia".


Dito espectáculo celebrábase en Tecnópole, o parque Tecnolóxico de Galicia, con motivo de Galiciencia, que é a feira científca que cada ano se celebra en Galicia e este ano chega a súa novena edición.


O espectáculo consistiu nunha serie de experimentos científicos, rápidos e curtos, que explicaban conceptos moi básicos, e outros non tanto, da física. A maior parte deles eran conceptos facilmente identificables polos alumnos xa que se suceden ao seu redor continuamente, a maioría relacionados co son e as ondas en xeral.


Estiveron moi entretidos e interesados e a sesión resultou moi amena e instructiva.

 

 

 

EQUIPACIÓN DEPORTIVA

Distribuir contido