Complementarias

Magosto

O pasado 25 de outubro, os alumnos de secundaria acompañados dos seus profesores, celebraron o magosto.

O lugar elixido foi o "Campo da feira".

O tempo acompañounos case toda a xornada e pásamolo moi ben asando iscos, chourizos e castañas.

Aí tendes as fotos desta festa tan divertida!!!

 

 

 

 

 

 

 

Excursión de 3º e 4º de ESO a Pontevedra

Os alumnos de 3º e 4º de ESO levaron a cabo unha visita didáctica a Misión Biolóxica de Galicia, dependente do CSIC (Consello Superior de Investigacións Científicas). Posteriormente visitaron varias seccións do Museo de Pontevedra.

CONVIVENCIA PRINCIPIO DE CURSO

O luns 30 de setembro todos os alumnos do colexio viaxamos a Lugo para ter unha convivencia. Primeiro celebramos unha Eucaristía na catedral e logo fomos a comer e pasar un rato de lecer ao paseo do río Miño.

CURSO DE BAILE REXIONAL

Hoxe, un grupo de rapaces e rapazas da asociación "Peleriños" de Sarria, visitaron ós alumnos de Educación Primaria para animalos a participar nun curso gratuito que ofrecen durante catro días do mes de xullo pola tarde, no que a través do xogo aprenderán bailes tradicionais. Primeiro fixeron unha pequena exhibición e logo invitaron a todos a bailar con eles, o que resultou moi divertido.

Así que animádevos e acompañade a estes rapaces que están a facer un traballo tan bonito como o de manter vivas as nosas tradicións.

5 de xuño. Día do medioambiente.

Hoxe celébrase o día do medioambiente.

Se queres saber cal é a pegada que estás deixando no planeta coas túas actividades cotiás preme no seguinte enlace:

Día da bici

DÍA DA BICICLETA NO COLEXIO DA ASUNCIÓN

 

 

O día 31 de maio, o Colexio da Asunción celebrou o ”Día da bicicleta”.

 Alumnos  e profesores,  coas súas bicicletas,  desprazáronse dende o colexio ata o “Parque do Chanto” para desfrutar dunha xornada de convivencia e xogos. Este ano contamos tamén coa presenza dalgúns pais.

 Os alumnos de Educación Infantil realizaron  esta actividade no recinto escolar.

 O obxectivo desta celebración é fomentar nos alumnos o espíritu deportivo.

 Resultou unha xornada enriquecedora e moi positiva.

 Como podedes observar nas seguintes fotos!!!

 

 

 







Maios 2013.

O luns 27 pola tarde, celebramos a festa dos maios no colexio.

LETRAS GALEGAS 2013.

Celebramos as letras galegas con música e bailes.

3º día dos Encontros deportivos Asunción

Hoxe é o último día dos encontros deportivos. Os partidos que xogamos foron os seguintes:

Sarria - Obispo Perello 

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 Sarria - Santa Isabel
 

 

 

 

 

 

 

  Sarria - Santa Isabel

 

 

 

 

 

 

A verdade é que o pasamos tan ben que nos custou un pouco subir no bus para voltar!!! 

2º día dos Encontros deportivos Asunción

Hoxe os nosos alumnos competiron contra os seguintes centros:

Ponferrada - Sarria 

 

 

 

 

 

 

La Paloma - Sarria 

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
La Merced - Sarria
 

 

 

 

 

 

Esperamos que desfrutaran moito nestes partidos!!!

As noticias que nos chegan son que o están pasando moi ben e coñecendo a moitos compañeiros!!! 

 

CHARLA SEPRONA

Os días 18 e 25 de abril, axentes do Servicio de Protección da Natureza da Garda Civil viñeron ó centro para informar ós alumnos/as sobre a historia, funcións e diferentes grupos deste corpo. As charlas foron moi interesantes e estiveron adaptadas ás distintas idades, polo que todos os nenos/as, dende os tres anos ata 4º da ESO puideron aprender un pouco máis sobre este interesante tema.

 

 

 

Viaxe Francia Despedida

Hoxe remata a nosa viaxe con esta foto de despedida diante do centro da Asunción de Saint Gervais.

Aprendemos moito e pasámolo moi ben!


Moitas grazas por seguir as novas da nosa experiencia de inmersión lingüística en lingua francesa!
 
 

Viaxe Francia Venres 12 de Abril

6º DÍA: VISITA A CHAMONIX E DEPORTE POLA TARDE

 

O  venres pola mañá, dirixímonos a Chamonix, para visitar esta fermosa vila e tendo como obxectivo ver o pico máis alto de Europa. 


Á media mañá, cando o día despexou por un intre, conseguimos ver o Mont-Blanc. 

Despois das explicacions da nosa guía houbo tempo para compras.

Ao acabar de xantar,
voltamos a Saint Gervais, para reunirnos cos alumnos franceses nunha tarde deportiva.

Non puidemos facer
fotos, pola Lei de protección de datos.

        

Despois da cea, nunha sala do colexio, levouse a cabo a sesión de “Disco” na que tamén participaron os alumnos do centro francés.

Nesta festa, fomentáronse as relacións  e as amizades entre os alumnos dos tres centros educativos da Asunción: Saint Gervais, Ponferrada e Sarria.

         Mañá será o día da despedida! 

Viaxe fin de estudos 4º ESO Venres 12 de Abril

Hoxe os nosos alumnos de 4º da ESO e os seus profesores seguen percorrendo as rúas de Sevilla.

Na seguinte imaxe podémolos ver, ou máis ben distinguir, na Praza de España. A Praza de España de Sevilla constitúe un conxunto arquitectónico encadrado no Parque de María Luisa, configura un dos espazos máis espectaculares da arquitectura rexionalista.

 Construíuse como edificio principal da Exposición Iberoamericana de Sevilla de 1929 e nos seus bancos aparecen representadas todas as provincias de España, así como os bustos de españois ilustres nos seus muros.

Esta gran praza está rodeada por unha canle acuática e xusto no centro ten unha fonte danzarína que debuxa cos seus chorros de auga fermosos arcos e diagonais que hipnotizan o visitante que se senta a gozar do espectáculo. E ahí podemos ver aos nosos alumnos desfrutando da auga neste día de tanta calor na cidade. Que envexa!!!

Unha curiosidade...A praza de España foi utilizada como escenario dalgunhas películas coñecidas, entre elas:

Na película Lawrence de Arabia, a praza representaba o cuartel xeral do Exército británico no Cairo.

Na película Star Wars Episodio II: O Ataque dos Clons da saga da Guerra das Galaxias, a praza representa o planeta Naboo, aínda que o escenario da filmación foi modificado dixitalmente.

Na película El Dictador, de Sacha Baron Cohenestrenada en 2012, sendo esta a mansión do ditador modificada digitalmente.

Na película El Viento y el León, protagonizada por Sean Connery, aparece mentres unhas tropas desfilan. 

Viaxe Francia 5º día

5º DÍA: CLASE DE FRANCÉS E PATINAXE SOBRE XEO



Hoxe, houbo clase e dividíronnos en dous grupos para traballar con alumnos franceses. Gustounos moito esta actividade!

Tamén aproveitamos que os alumnos franceses estean no recreo, que teñen máis ca nós, para comunicarnos con eles.

Despois de xantar, dirixímonos ao pavillon de xeo para patinar. Axiña perdemos o medo e botámonos à pista. Houbo algunha caída, pero sen problema.

A nosa profesora, ao pé de pista, encargouse de facer a reportaxe fotográfica, para amosarvos os nosos progresos.

Ao acabar esta actividade, un grupo quedámonos no pavillón para ver un partido de “ Hockey”. Como xogaban! Outro grupo preferiu seguir facendo turismo polo pobo.

Despois da cea, unha 

pequena representación teatral preparada por nós coa axuda dos monitores.

Tamén houbo tempo de lecer antes de durmir!


Mañá haberá máis novas!

Podedes seguir as súas andanzas diarias no apartado "Apartado Extraescolares"

Viaxe fin de estudos 4º ESO Xoves 11 de Abril

 

Os nosos alumnos xa están en Sevilla.


A súa primeira parada foi na "Torre del Oro".


A Torre do Ouro de Sevilla, é unha torre militar albarrana (é dicir, separada do conxunto das murallas), pero unido a elas por un muro tendido ata a chamada Torre da Prata, pechando e protexendo así a zona do Areal. Parece ser que debe o seu nome ao seu primitivo recubrimento de azulexos con reflexos dourados. Actualmente é sede do Museo Naval de Sevilla. A torre está situada na marxe esquerda do río Guadalquivir.

Este río podémolo ver na seguinte foto que nos mandan.

 

E esta outra é de cando chegaron á Catedral de Sevilla.

 

 

 

 

 

Lembrade que podedes seguir a súas andanzas diarias no apartado "Actividades Extraescolares".


Viaxe Francia 4º día

4º DÍA: CLASE POLA MAÑÁ E SENDEIRISMO POLA TARDE


Onte mércores, tocou clase pola mañá. As profesoras e monitoras francesas soamente falan francés. Nin

 unha palabra en castelán.
Cada día entendemos máis e non nos deixan nin preguntar nin contestar en español. Estamos progresando moito.

 

Cando saímos à rúa, ao ver os carteis escritos, entendémolo todo.


Pola tarde fixemos unha rota de sendeirismo.

A paisaxe era fermosísima, pero subir as costas facíase

nos un pouco duro para algúns. Chegamos
ao colexio cansos, pois estivemos máis de tres horas camiñando.

Despois de cear, proxectáronnos unha película en francés.

 

Outras novas mañá!


Lembrade que podedes seguir as nosas andanzas na páxina de “Actividades Extraescolares”

.

Viaxe fin de estudos 4º ESO Mércores 10 de Abril (Tarde)


Hoxe os alumnos de 4º da ESO estiveron visitando a Alhambra e o casco histórico de Granada.


A Alhambra é unha cidade amurallada (medina) que ocupa a maior parte do cerro de "La Sabika". A Granada musulmana tiña o seu propio sistema de amurallamento, polo que a Alhambra podía funcionar con autonomía respeto a cidade. Na Alhambra encontrábanse todos os servicios propios e necesarios para a poboación que alí vivía: palacio real, mezquitas, escolas, talleres, etc


A Alhambra foi cidade palatina, Casa Real Cristiana, Capitanía Xeral do Reino de Granada e fortaleza militar ata a súa declaración como Monumento en 1870. 



Coñecedes a todos os das fotos???

 

Lembrade que podedes ver as súas andanzas diarias no apartado "Actividades Extraescolares" 

Viaxe Francia 3º día

3º DÍA: VISITAMOS AMENCY, A PEQUENA VENECIA


Hoxe, os alumnos e a profesora que estamos participando na actividade: “Voir la France”, visitamos Amency, coñecida como a pequena Venecia, xa que as canles de auga discorren por entre a cidade.

Ao longo da mañá, acompañados por unha guía francesa percorremos o casco histórico desta fermosa cidade, para coñecer as súas canles,as casas pintadas de cores, o mercado, os seus monumentos e a zona
comercial da cidade.

 

 

 

 

 

 

Á hora do xantar, tivemos que recollernos nun centro comercial, pois en toda a mañá non parou de chover.

 

 

 

 

 

 

Despois do tempo libre e de compras, voltamos ao colexio para continuar coas actividades de grupo.

Mañá haberá outras novas!

 

 

Ademáis podedes ir vendo as nosas andanzas diarias no apartado “Actividades Extraescolares”.

Viaxe fin de estudos 4º ESO Mércores 10 de Abril

Os nosos alumnos xa están repoñendo forzas para comezar un novo día!!!

Hoxe visitarán a Alhambra e o casco antigo de Granada!!!

 Pasádeo ben!!!

Lembrade que podedes seguir esta viaxe día a día no apartado de "Actividades Extraescolares"

 

Distribuir contido