Línguas e CCSS

Programa Monumenta

Os alumnos de 2º e 3º da ESO do colexio participaron no Programa Monumenta.


Este programa foi promovido polo Concello de Sarria e estaba destinado a difusión do patrimonio restaurado.


Dous traballos do noso centro e outro do colexio da Merced foron os seleccionados para ser presentados nun acto no convento da Magdalena o pasado domingo día 8 de xuño.

Un dos traballos é un poema con fotos feito por Laura, Clara e Nerea e o outro é un vídeo realizado por Andrea, María González, Noa e Natalia, ambos os dous grupos de 2º ESO.


Noraboa a todos os participantes e en especial aos alumnos que fixeron os traballos seleccionados.


Bo traballo!!!


No blogue de secundaria podedes ver os traballos seleccionados.

 

Belén Garañana, 2º premio no III Concurso literario "FUNDACIÓN O NOSO LAR"

 

BELÉN GARAÑANA, PREMIADA NO CONCURSO LITERARIO "O NOSO LAR"

                A alumna de 1º de ESO, Belén Garañana acaba de recibir un segundo premio no concurso literario infantil-xuvenil da "Fundación O NOSO LAR" de San Román de Lousada.

      O tema do concurso xiraba arredor do mundo rural e a alumna recibiu o premio polo seu traballo titulado "Recordos daquel tempo" no que narra unha historia de emigración a Cuba.

Felicitamos a Belén polo seu premio e pola calidade do seu traballo, ao tempo que a animamos a seguir participando neste tipo de actividades.    

Catro alumnos de 2º de ESO participan nos concursos de "Relato de Coca-cola"

Alumnos de 2º de ESO participan nos concursos  provinciais de Relato de Coca-cola
As alumnas  Clara López e Laura López, de 2º de ESO participaron no "Concurso de relato curto" en lingua galega, na fase provincial.
No "Concurso de Relato corto" en lingua castelá representaron ao noso centro, Sofía Valiña e Nicolás López.
Desexámoslles moita sorte aos catro alumnos! 

Día do libro infantil e xuvenil

Hoxe conmemórase o Día do libro infantil e xuvenil!!!

Pode ser unha boa ocasión para lembrar contos e libros que nos gustaran na nosa infancia.

Celebrade o día cunha boa lectura!!! 

E se premedes na imaxe podedes ver un enlace moi interesante. 

 

 

 

 

 

 

Premios do concurso de "Poesía de Nadal" da Biblioteca Provincial de Lugo

TRES ALUMNAS DO CENTRO PREMIADAS NO CONCURSO DE "POESÍA DE NADAL" DA  BIBLIOTECA PROVINCIAL DE LUGO
O día doce, na Biblioteca Provincial de Lugo, foron entregados os premios do concurso de "Poesía de Nadal 2013" no que participaron lectores de vintetrés Bibliotecas Locais.
No noso centro, resultaron gañadoras as alumnas:
Claudia Rodríguez, de 2º de EP.
Elena Vilela, de 1º de ESO. 
Acessit para Lucía Vilela, de 3º de EP.
As alumnas recibiron como premio: Diplomas, estatuilla de Sargadelos e lotes de libros.
Parabéns para as nosas poetisas! 
 
 

 

 

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

 
 
 
 
 

Curso de Resucitación Cardiopulmonar

 

Os alumnos de 3º e 4º de ESO asistiron o día 23 de setembro a un curso de resucitación cardiopulmonar impartido por unha especialista do 061. Os alumnos tiveron unha parte teórica e outra práctica. Na parte práctica simularon cun maniquí as manobras de soporte vital que se deben facer a unha persoa inconsciente ata a chegada de axuda cualificada. 

Os alumnos da ESO foron ao teatro. Chegaron as fotos!

O día un de febreiro, os alumnos de ESO xunto cos seus profesores acudiron a Lugo para asistir á obra de teatro "Tres sombreros de copa" de Miguel Mihura.

 A representación tivo lugar no Auditorio "Gustavo Freire" e a posta en escea levárona a cabo actores da compañía "Recursos"

  A actividade resultou moi positiva e enriquecedora, ao tempo que salientamos o interese e bo comportamento dos alumnos. 

Por fin, tedes as fotos!

 

 

VISITA DE MARCOS CALVEIRO

Hoxe recibimos a visita no colexio do escritor Marcos Calveiro, que nos deu unha interesante charla sobre o seu libro "O pintor do sombreiro de malvas". Asistiron os alumnos de 2º de ESO, que acaban de ler a obra mencionada, e os de 6º de EP, que están a ler "Palabras de auga". Ó final, o autor asinou o libro a todos os que quixeron.

             

Día internacional das lingua maternas

Se queres saber máis información preme na imaxe

Premiados no Trapero Pardo

O Concurso de Relato Curto Trapero Pardo convocado polo Concello de Lugo tivo dous gañadores que son compañeiros nosos: Javier Díaz que gañou o segundo premio da súa categoría e Sofía Valiña que gañou o terceiro. Acompañados polos pais e profesores do colexio asistiron a recoller o seu premio como podemos ver nas fotos.

Os xornais  publicaron a noticia e incluso podemos ver tamén un pequeno vídeo  publicado en La Voz De Galicia 

 

 

 

 

Visita de 3º e 4º da Eso a Santiago de Compostela

Os alumnos de 3º e 4º da ESO viaxaron a Santiago de Compostela o día 21 para visitar a Televisión de Galicia, o Parlamento e falar con pelegríns e empregar os coñecementos adquiridos sobre o arte románico.

 

 

 

 

Visita de 3º e 4º da Eso a Santiago de Compostela

22/11/2012 - 16:48
Etc/GMT+1

Os alumnos de 3º e 4º da ESO viaxaron a Santiago de Compostela o día 21 para visitar a Televisión de Galicia, o Parlamento e falar con pelegríns e empregar os coñecementos adquiridos sobre o arte románico.

Blogue de galego

Alumnos de ESO.

Para entrar ao blogue de galego, premede aquí

DÍA EUROPEO DAS LINGUAS

Hoxe celébrase o Día Europeo das Linguas. Se queres saber máis, preme na imaxe

Seccións bilingües

Para ver o noso proxecto de Seccións Bilingües preme eiquí.

Entrega de premios IES Gregorio Fernández

 

 

 

 

 

 

Educación para la Ciudadanía

unidade V:



Nesta unidade imos facer unha actividade de na aula de informática para que cada alumno, individualmente, complete a ficha que se presenta clicando na libreta

Blogue de galego

Visitade os nosos blogues de galego!!!

Distribuir contido