Orientación

DE AQUÍ NON PASAS!

De aquí non pasas! é unha web de Save the Children, a ONG de defensa e promoción dos dereitos da infancia. Centra a súa atención no mundo das redes sociais. A web trata de dar consellos sensatos e razoables, que axuden aos adolescentes a participar nas redes sociais dunha forma segura e responsable. Para iso non é preciso recurrir a complicadas receitas, pois na maioría dos casos basta con utilizar o sentido común. En definitiva, trátase de non facer nas redes sociais o que xamais faríamos na vida real.


-

OLLOS DE AULA

Premede na imaxe para ver a revista do mes de novembro.

 

BAILAMOS?

"Mentres as nenas e os nenos teñen a axenda ocupada en actividades extraescolares, en montóns de deberes e metas de todo tipo non teñen tempo para pensar no que realmente lles corresponde nesta etapa tan preciosa da infancia: estar cos seus seres queridos, xogar, imaxinar, descubrir por si sós, sen présas."

 

Ollos de aula

Premede na imaxe para ver a revista.

DE PRIMARIA A SECUNDARIA

O Concello de San Sebastián de los Reyes ven de presentar unha Guía de Orientación Educativa, co obxectivo básico de facilitar a transición de Primaria a Secundaria. Neste documento aparece información básica sobre os cambios que se producen no alumnado durante a adolescencia, sobre o cambio de etapa educativa e a traxectoria da nova etapa que comeza, así como pautas orientativas: hábitos saudables, como se debe estudar  e como pode participar a familia nesta etapa.
Premede na imaxe para acceder a Guía.

                              


 

OLLOS DE AULA

Premede na imaxe para acceder a revista do mes de xuño.

 

Agasallos concurso escolar ONCE



No ano no que a ONCE cumpre o seu 75 aniversario e os 25 da
súa Fundación, un grupo de tres rapazas de 4º de ESO, chamado “NINFAS”  foi o gañador do 1º premio da fase provincial.


Os agasallos consistentes nunha webcam para cada alumna,
foron entregados polos profesores unha vez que chegaron ao centro. NORABOA!!!


OLLOS DE AULA

Aquí tedes a revista Nº 7 do mes de maio de OLLOS DE AULA.

Premede na imaxe. 

 

INTELIXENCIAS MÚLTIPLES

Howard Gardner (psicólogo, investigador e profesor na Universidad de Harvard e que lle foi otorgado o Premio Príncipe de Asturias das Ciencias Sociais en 2011), é una eminencia cuxa teoría das Intelixencias múltiples vennos a dicir, que temos que buscar as aptitudes e pasións dos nosos fillos/as e alumnos/as, orientándolles para que así teñan máis posibilidades de éxito, e o máis importante, que sexan felices ao dedicar a súa vida ao que lles apasiona, ao que son máis capaces!!!

 Vale a pena ver a entrevista que lle fixo Eduard Punset en outubro de 2011.

 

DÍA DO LIBRO " Ler para vivir"

Aquí tedes dous excelentes libros para que disfrutedes coas súas ilustracións en movemento. Podedes lelos, escoitalos, descárgalos como texto ou envialos por email aos amigos e amigas polo Día do Libro.

Un para Educación Infantil titulado La Selva de Mario de Carlo Frabetti.

 

Outro para Educación Primaria titulado Julia, Pato y el Espía tamén de Carlo Frabetti.

OLLOS DE AULA

Premede na imaxe para acceder ao nº 6 da revista.

15 de marzo Día do Consumidor

Os consumidores temos DEREITOS mais tamén temos OBRIGAS. E debemos ser responsables co que consumimos.

Aquí temos un video moi interesante e didáctico.

UN NENO DIFERENTE

Aquí tedes un video feito polos alumnos da "École Supérieure des Métiers Artistiques" de Montpellier. Amósanos un mundo de perfección e orde, onde todo está regulado e ordenado ata que un día..............

O resto tedes que velo vos mesmos e sacar as vosas conclusións.

 

8 de marzo DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Célebres cantantes e músicos procedentes de todo o mundo, dende China a Costa Rica, dende Malí a Malasia, mulleres e homes reuníronse para divulgar unha mensaxe de unidade e solidariedade: Somos ONE WOMAN, UNHA SOA MULLER.

Este ano 2013, o Día Internacional da Muller céntrase en pór fin á violencia contra as mulleres.

Disfrutade do vídeo.

OLLOS DE AULA

O obxectivo desta publicación é achegarvos información variada ao redor da EDUCACIÓN e convidarvos a reflexionar sobre aqueles temas que nos poden preocupar como nais e pais.

Premede na imaxe para acceder ao Nº 5 da revista.

CREATIVIDADE E IMAXINACIÓN

Este corto de animación é un exemplo de innovación e emprendemento. Esperamos que vos guste.

 

ktorce-18

O día 11 de outubro acudiron ao centro dous membros da asocación Arela para dar unha charla aos alumnos de 2º, 3º e 4º de ESO para informarlles a cerca do Programa Ktorce-18, que trata sobre a Ley Orgánica 5/2000, Ley do menor.

orientacion académico-profesional

Los alumnos de 4º de ESO ya estais a las puertas del instituto,

ánimo y seguid adelante con vuestro esfuerzo y constancia

en el estudio, sólo así lo lograreis.

Es importante que tengais a mano la Guia del Sistema

Universitario de Galicia.

Distribuir contido