Normalización LIngüística

Día dos Maios e as Letras Galegas

O 30 de maio os alumnos do Colexio da Asunción celebramos o día dos Maios e as Letras Galegas.

Os alumnos de 4º da ESO representaron para os seus compañeiros "Os vellos non deben namorarse", dende os pequenos de infantil ata os alumnos mais maiores, e todo o público que alí estaba, desfrutaron moitisimo coa obra. Noraboa a eses actores e a directora da obra!!!

  

 

 

A continuación, saímos ao patio onde se lle rendeu unha homenaxe a Manuel María, cantando e bailando un rap composto polo pai de dúas alumnas do noso colexio. Grazas Xose Manuel!!!

 

 

E por último, como fin de festa, descubrimos unha escultura da nosa artista Violeta, en homenaxe a Rosalía de Castro. Moitas grazas Vio, queda ben lucida no noso patio!!!

 

Toda esta festa estivo amenizada polo noso grupo "Asunfolk", os nosos gaiteiros e os bailaríns. Grazas a eles tamén, e por suposto...a quen os dirixe!!! 

 

ESTAMOS DE NORABOA

Acaban de saír as axudas para os equipos de NL.
Estamos de noraboa.
O noso proxecto é o de mellor calidade dos centros concertados da provincia e o terceiro de Galicia.
Ánimo a todos e a seguir traballando.

MÁIS ACTIVIDADES PARA O DÍA DE ROSALÍA

Aquí tedes máis exemplos de traballos feitos cos alumnos de primaria para coñecer mellor a vida e obra de Rosalía

 

 

Xoga á oca con Rosalía

O curso de sexto decidimos xogar á oca para conmemorar os 150 anos da publicación de Cantares Galegos de Rosalía de Castro.

 

 

DÍA DE ROSALÍA

O 24 de febreiro celébrase o día de Rosalía. Este ano é un pouco especial, xa que se cumpren 150 anos da publicación de Cantares Gallegos, obra que deu comezo ó rexurdimento da literatura e cultura galegas. No colexio imos realizar diversas actividades, que vos amosaremos aquí, pero mentras tanto, podedes botar unha ollada a esta páxina do Instituto Cervantes sobre a sua vida e obra.

 

OS MAIOS

 

 

 

 

MÚSICA E POESÍA NA SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

Seguimos celebrando o día das letras galegas, hoxe con música, baile e poesía.
Distribuir contido