Últimas novas

Eleccións ao Consello Escolar

28/11/2016 - 16:15
28/11/2016 - 16:30
Etc/GMT+1
Reunión da Xunta Electoral para a proclamación de candidatos electos.
Hora: 16:15 h. (2 días de presentación recursos e convocatoria Consello)

Eleccións ao Consello Escolar

24/11/2016 - 11:15
24/11/2016 - 15:30
Etc/GMT+1
Eleccións a representantes de alumnos/as.
Comezo: 11:15 h.
 
Eleccións a representantes de profesores/as. De 11:30 h.a 12 h.
Eleccións a representantes de PAS. Comezo: 11:30 h.
 
Eleccións a representantes de pais/nais.
De 13:30 a 15:30 h. 

Eleccións ao Consello Escolar

21/11/2016 - 11:15
21/11/2016 - 11:30
Etc/GMT+1
Sorteo para a determinación de vogais e suplentes da Mesa Electoral de pais/nais de alumnos/as e para a determinación de vogais da Mesa Electoral dos alumnos/as.
Hora: 11:15 h.
 
Publicación das candidaturas admitidas. 

Eleccións ao Consello Escolar

17/11/2016 - 09:00
18/11/2016 - 17:00
Etc/GMT+1
Reclamacións ás candidaturas ata as 17:00 h do último día.

Eleccións ao Consello Escolar

16/11/2016 - 16:15
16/11/2016 - 16:30
Etc/GMT+1
Reunión da Xunta Electoral para a proclamación de candidaturas.
Hora: 16:15 h.

Eleccións ao Consello Escolar

09/11/2016 - 09:00
16/11/2016 - 17:00
Etc/GMT+1
Prazo de presentación de candidaturas ata as 17:00 h do último día.

Eleccións ao Consello Escolar

03/11/2016 - 10:16
Etc/GMT+1
Reunión constitutiva da Xunta Electoral. (Aprobación papeletas, censos, duración campaña electoral...). 
Hora: 16:15 h.

Eleccións ao Consello Escolar

27/10/2016 - 10:00
Etc/GMT+1
Publicación das medidas de procedemento para a elección de representantes dos distintos sectores no Consello Escolar, e da presente convocatoria de eleccións e Calendario.
 
Sorteo público, promovido polo Director, para a designación de representantes de pais, profesores, alumnos e persoal de administración e servizos na Xunta Electoral. Hora: 17:00 h.

Homenaxe da Cruz Vermella ao Colexio da Asunción de Sarria

O pasado sábado, día 5 de novembro, o noso colexio recibiu unha homenaxe por parte da Cruz Vermella de Sarria polo 50 aniversario de presenza da Asunción en Sarria.

Foi un acto moi emotivo no que estivo representada unha gran parte da familia Asunción, dende as Relixiosas que forman parte nestes momentos da Comunidade de Sarria, entre as que contamos estes días coa Superiora Provincial da orde Cristina Ocaña, a meirande parte do claustro de profesores do colexio, o PAS do centro, antigos profesores, pais, alumnos, antigos alumnos, os sacerdotes que presiden as nosas celebracións, relixiosas doutras congregacións que colaboran coas nosas relixiosas, e moitas persoas mais que gardan relación co noso colexio dun xeito ou outro.

Neste acto, proxectaron un vídeo resumo dos 50 anos da Asunción en Sarria, que trouxo moitas boas lembranzas aos presentes no acto.  

Dende o colexio queremos agradecer á Cruz Vermella esta entrañable homenaxe, así coma toda a colaboración que prestan ao noso centro en canto se lle solicita, e toda a súa labor diaria en favor dos máis desfavorecidos.

GRAZAS!!! 

 

Aviso comedor

Dende a empresa de comedor infórmannos de que, o menú previsto para hoxe día 07 de novembro tivo que ser sustituído polo de mañá día 8 de novembro, e mañá o menú será o correspondente ao día de hoxe. 
Desculpade as molestias!  

RENOVACIÓN PARCIAL DO CONSELLO ESCOLAR

Estimadas familias:

De acordo co establecido na lexislación vixente, é necesario proceder á renovación parcial do Consello Escolar antes do 1 de decembro de 2016. Premede na imaxe para coñecer todo o proceso, e lembrade que a vosa participación é importante.

 

Eucaristía inicio de curso


O pasado xoves, día 6 de outubro, tivemos no noso colexio unha emotiva Eucaristía.


Con esta celebración, ademais de dar a benvida ao presente curso, inauguramos o noso novo patio, e pechamos os múltiples actos cos que celebramos os 50 anos de presenza da Asunción en Sarria.

Para simbolizar todo isto, alumnos de diferentes etapas plantaron dúas árbores no patio, que como explicou o director do centro representaban, por unha banda os 50 anos de traxectoria do colexio e por outra o futuro do mesmo.

Para rematar a Eucaristía, outro momento moi significativo foi a retirada do cartel co logo do 50 aniversario que nos acompañou ao longo de todo este ano, dando así por concluídas as celebracións deste aniversario.

A continuación da Eucaristía, as relixiosas agasallaron a todos os presentes coa "Torta da Asunción".

 

 

Reunión inicio de curso 3º e 4º ESO

11/10/2016 - 17:00
11/10/2016 - 18:00
Etc/GMT+1

Hoxe, ás 17:00, celebrarase a reunión de inicio de curso de 3º e 4º ESO.

É importante a vosa presenza xa que nela trataranse temas importantes sobre a formación e educación dos vosos fillos, así como diversos aspectos relacionados co funcionamento do centro. 

Reunión inicio de curso 5º e 6º EP

07/10/2016 - 17:00
07/10/2016 - 18:00
Etc/GMT+1

Hoxe, ás 17:00, celebrarase a reunión de inicio de curso de 5º e 6º EP.

É importante a vosa presenza xa que nela trataranse temas importantes sobre a formación e educación dos vosos fillos, así como diversos aspectos relacionados co funcionamento do centro. 

Reunión inicio de curso 3º e 4º EP

06/10/2016 - 17:00
06/10/2016 - 18:00
Etc/GMT+1

Hoxe, ás 17:00, celebrarase a reunión de inicio de curso de 3º e 4º EP.

É importante a vosa presenza xa que nela trataranse temas importantes sobre a formación e educación dos vosos fillos, así como diversos aspectos relacionados co funcionamento do centro. 

Reunión inicio de curso 1º e 2º EP

05/10/2016 - 17:00
05/10/2016 - 18:00
Etc/GMT+1

Hoxe, ás 17:00, celebrarase a reunión de inicio de curso de 1º e 2º EP.

É importante a vosa presenza xa que nela trataranse temas importantes sobre a formación e educación dos vosos fillos, así como diversos aspectos relacionados co funcionamento do centro. 

Reunión inicio de curso EI

04/10/2016 - 17:00
04/10/2016 - 18:00
Etc/GMT+1

Hoxe, ás 17:00, celebrarase a reunión de inicio de curso de EI.

É importante a vosa presenza xa que nela trataranse temas importantes sobre a formación e educación dos vosos fillos, así como diversos aspectos relacionados co funcionamento do centro. 

 

Reunións inicio de curso

No noso calendario de eventos podedes consultar as datas de todas as reunións de inicio de curso.

Eucaristía inicio de curso

O colexio da Asunción comprácese en invitar a todas as familias do noso colexio, á Eucaristía de inicio de curso, que se celebrará no propio centro, o vindeiro xoves, día 6 de outubro, ás 10:00 h, onde teremos a satisfacción de inagurar o noso novo patio.

A continuación, poderemos degustar a torta da Asunción. 

 

 

Horario definitivo actividades extraescolares

Aquí tendes o horario definitivo das actividades extraescolares. Poderédelo ver premendo na imaxe.
 
 
Distribuir contido