A fala.
O idioma é a chave
coa que abrimos o mundo:
o salouco máis feble,
o pesar máis profundo.
O idioma é a vida,
o coitelo da dor,
o murmurio do vento,
a palabra de amor.
O idioma é o tempo,
é a voz dos avós
e ese breve ronsel
que deixaremos nós.
O idioma é un herdo,
patrimonio do pobo,
maxicamente vello,
eternamente novo.
O idioma é a patria,
a esencia máis nosa,
a creación común
meirande e poderosa.
O idioma é a forza
que nos xungue e sostén.
¡Se perdemos a fala
non seremos ninguén!
O idioma é o amor,
o latexo, a verdade,
a fonte da que agroma
a máis forte irmandade.
Renunciar ao idioma
é ser mudo e morrer.
¡Precisamos a lingua
se queremos vencer!
Na procura constante dun centro mellor, adaptado as vosas necesidades, lembrámosvos a necesidade de que participedes nesa mellora continua entregando na urna de Secretaría as enquisas que vos mandamos fai uns días.
Grazas a todos!
Mirade que ben o pasaron os nosos alumnos de 3º e 4º EP na súa viaxe de fin de curso a Gijón!!!
Os nosos alumnos viaxeiros seguen a desfrutar da maravillosa Praga, de día... e de noite!!!
Podedes ver máis fotos na nosa galería premendo na imaxe que vos deixamos a continuación.
Os nosos alumnos alumnos continúan a desfrutar da primavera checa paseando polas rúas de Praga.
Onte ademáis acodiron a ver ballet ao Teatro Nacional de Praga, edificio maxestuoso que poderedes ver nas fotos que vamos colgando na nosa galería.
Para acceder a esas e outras fotos desta viaxe non tendes máis que premer sobre a foto que vos deixamos a continuación e que demostra o ben que o están pasando.
Que o pasedes xenial!!!
Os nosos alumnos de 4º da ESO xa están en Praga!!!
Esperamos que estén desfrutando un montón e que nos vaian enviando imaxes da súa viaxe!!!
Hoxe estamos de noraboa!!!.
O grupo de alumnos de 3º da ESO formado Miguel Abelairas, Belén Garañana, María García, María González, Laura Patiño, María Rodríguez, Elena Vilela e Valeria Viñas pasaron a fase de centros do Rally Matemático.
Por terceiro ano consecutivo, alumnos do noso colexio consiguen chegar a fase final do Rally, que este ano se volverá disputar na facultade de Química de Santiago o día 8 de abril.
Moitísima sorte para eles!!!
Todas aquelas persoas que acudistes a cea de antigos alumnos e teñades fotos desa velada, agradeceriamos que si queredes, as compartades con nós.
O correo ao que podedes envialas é coleasuncionsarria2@gmail.com.
Grazas!
Todas aquelas familias que queirades coñecer o colexio e non puidestes acudir á xornada de portas abertas, poderedes visitalo os mércores e venres de 10:45 h a 11:15 h, previo aviso na secretaría do centro.
O teléfono do colexio é o 982531981.
Na votación celebrada hoxe no colexio da Asunción de Sarria para decidir o cambio de xornada participaron 143 familias sobre un censo total de 163.
O número de votos a favor da implantación da xornada única foi de 119, o número de votos en contra de dita implantación foi de 24, non houbo votos en branco nin papeletas nulas.
A porcentaxe de votos a favor da implantación da xornada única foi polo tanto do 73%.
Moitas grazas a todos por participar nunha decisión tan importante para o centro e as familias.
Podedes realizar dita votación dende ás 13:00 h ata ás 21:00 h.
Esperámosvos a todos!!!
Xa podedes ver algunha foto da cena dos antigos alumnos na nosa galería.
Premede na seguinte imaxe para acceder a galería.
Dende o colexio da Asunción, queremos dar as grazas a todos aqueles que contribuístes a que onte fora unha noite máis que especial.
Reencontros con vellas amizades, moitísimas historias e anécdotas que lembrar, risas, música e baile fixeron da Cea de Antigos Alumnos unha velada digna de recordar.
Os profesores, relixiosas e membros do PAS presentes quedamos abraiados co bo ambiente que se respirou durante toda a noite, coas palabras e xestos amables de alumnos de todas as xeracións, que fixeron que as ensinanzas e valores da Asunción, que sempre tratamos de transmitirlles, estiveran presentes en todo instante.
Foi moi divertido ver como alumnos de diferentes promocións do centro compartían momentos de baile, conversa e risas.
O máis importante de todo foi comprobar, como todos eles, pasen os anos que pasen, seguen a sentir que pertencen á grande familia da Asunción, formando parte desta tripulación que leva navegando connosco xa 50 anos, e esperemos que non se baixen do barco e sigan acollendo tan ben aos novos grumetes que imos incorporando ano a ano!!!
Desexando que non pasen outros 25 anos antes de voltar a xuntarnos, reiteramos as nosas grazas a todos os que participastes para facer da velada de onte un recordo imborrable na xa longa travesía da Asunción en Sarria.
GRAZAS!!!
O ANPA do Colexio da Asunción saíu navegar este domingo no entroido na rúa de Sarria.
Pais, nais, nenos, nenas, profesores e PAS participaron no desfile facendo unha homenaxe ao lema da celebración dos 50 anos da Asunción en Sarria.
Foi unha tarde moi divertida na que coas danzas dos mariñeiros e nalgún intre ao son do "Cumpleanos Feliz" logramos sacar de enriba o frío da tarde.
Damos as grazas a todos os participantes e a todos aqueles que fixeron posible que o barco e a tripulación saíran do embarcadoiro Asunción.
GRAZAS!!!
O xoves pasado tuvemos no noso comedor unha festa chinesa!!!
As nosas monitoras foron ataviadas con vestimentas propias desa cultura e como non podía ser o menú tamén estivo adaptado para a festa. Puidemos degustar "rollitos de primavera" e arroz tres delicias.
Estaba todo boiiiiisimo!!!
Ata tiñamos o noso propio dragón, que metía un medoooo.... Merche, quedouche xenial, e metía uns sustos!!!, pero era moi divertido.
A continuación tendes fotos dese día e premendo aquí poderedes ver outras pouquiñas máis no blogue de infantil.
Chinese New Year tree branch | Free vector by Vector Open Stock