2º ciclo de EP

O DOCE MUNDO DO MEL EN GALICIA

Onte pola mañá recibimos no colexio a visita de Beatriz Ríos, que impartiu aos alumnos de 3º e 4º de Ed. Primaria unha actividade titulada "O doce mundo do mel en Galicia".

Dita actividade consistiu no visionado de imaxes, a explicación da producción do mel, a exposición dos materiais necesarios e ata un alumno probou un traxe de apicultor.

Finalmente os alumnos/as foron agasallados cun tarriño de mel, o cal puideron degustar no momento.

 

SAÍDA 1º TRIMESTRE - 2º CICLO EP - CASA DO QUEIXO


Hoxe, os alumnos/as de 2º ciclo de EP, realizamos a nosa saída cultural do primeiro trimestre á "Casa do Queixo".

Aprendemos, xogamos, traballamos... e sobre todo, pasámolo xenial! 

Mirade, sen perder detalle, todo o que fixemos nesta xornada.

EXCURSIÓN MANZANEDA 2º CICLO EP

EXCURSIÓN

2º CICLO EP

MANZANEDA

CHEGAMOS A TRIVES!

Os alumn@s de 3º e 4º de EP comezamos a nosa viaxe de fin de curso a Cabeza de Manzaneda, e acabamos de facer a nosa primeira parada en Pobra de Trives. Xa vos seguiremos informando...

Á AUGA PATOS!!! 

ESCALADA

Hoxe non puidemos escalar por mor da choiva... pero tivemos a nosa primeira clase por se mañá temos máis sorte co tempo

 

EQUITACIÓN

Tampouco puidemos montar a cabalo como estaba previsto, pero como podedes ver, foi moi interesante, e ata os cabalos estaban moi atentos.

DISCOTECA

Na nosa primeira disco nocturna... disfrutando coma "ananos"

BOS DÍAS!!!!

TIRO CON ARCO

E a pesares de trasnoitar... mirade que ben apuntamos á diana !!

DE VOLTA...

Partimos cara Sarria de volta, e despedímonos de Manzaneda, sendo esta unha das nosasa mellores experiencias.

Distribuir contido