3º ciclo de EP

5º E 6º VAN AO TEATRO

O martes 10 de maio os alumnos de 5º e 6º asistiron á representación teatral "Estamos no verán" na que repasaron os distintos estilos musicais, ademais de acompañar aos actores/cantantes no ritmo e as coreografías.

TRADESCOLAS

Hoxe, a escola de música tradicional "Tradescola" ofreceu na Casa da cultura un concerto didáctico ao que asistiron os alumnos de 5º e 6º de Educación Primaria xunto con alumnos doutros centros da localidade, e no que puideron aprender  moitas cousas sobre a música tradicional galega, os instrumentos máis típicos, distintos ritmos e melodías, e rematou cunha pequena actuación por parte dos mestres da tradescola coa colaboración dalgúns nenos.

 

 

Excursión 5° e 6° a Ribeira Sacra

Os alumnos de 5° e 6°foron de excursión o venres 23 de outubro á Ribeira Sacra.

Visitade o seu blogue si queredes ver o ben que o pasaron!!!

 

CHARLA CUN XORNALISTA

Ademáis de aproveitar a prensa como unha ferramenta didáctica e traballar con ela na aula, O programa prensa escola no que estamos a participar ofreceunos a oportunidade de aproximarnos ao día a día da actividade xornalística mediante unha charla cun profesional da comunicación como é Xosé Ramón Penoucos, que cubre a información de Sarria na Voz de Galicia. Os alumnos de 5º e 6º recibiron onte a súa visita no colexio e asistiron con moito interese á charla na que fixo un percorrido pola historia do xornal. Na ronda de preguntas, os alumnos tiveron resposta a todas as súas curiosidades e sobre esta profesión, que foron moitas e moi interesantes. Moitas grazas, Xosé Ramón.

 

La Voz de Galicia, viernes 27 de marzo de 2015

 

SAÍDA CULTURAL 5º E 6º.

O pasado venres 16 de xaneiro, os alumnos de 5º e 6º realizaron unha visita á rotativa do diario "El Progreso" onde aprenderon moito sobre a historia do xornal e como se fai cada día. Despois, no Auditorio Gustavo Freire, asistiron á representación teatral en inglés "Spinderella", na que participaron activamente e pasaron un rato moi divertido.

No blogue do 3º ciclo tedes máis información.

 

Saída cultural 5° e 6° EP

17/10/2014 - 00:00
17/10/2014 - 19:00
Etc/GMT+1

Hoxe os alumnos de 5° e 6° de EP realizarán a saída cultural do primeiro trimestre.

Visitarán a Casa do Patrón en Lalín.

Bo día para todos!!!

 

 

VISITA Á EXPOSICIÓN DE CIENCIAS PHÄNOMENTA.

Hoxe, un grupo de alumnos do 3º ciclo visitou a exposición 'Phänomenta', un proxecto creado polo Centro de Investigación máis
antiguo de Alemania, Phanomenta Flensburg, e a Universidade de
Flensburg. Foi unha experiencia moi interesante e divertida, na que os alumnos puideron ser parte activa dos experimentos e aportar os seus coñecementos. Aquí tedes unhas fotos.

COMEZAMOS COA COMPOSTAXE

Como sabedes, a comunidade educativa da Asunción está a participar no proxecto da Consellaría de educación "recíclate con Sogama" dende o mes de outubro. Levabamos anos concienciados do problema dos residuos e facendo recollida selectiva, pero este curso contamos cunha illa de reciclaxe que nos facilita moito as cousas. Dende xaneiro contamos, ademáis, cun compostador que colocamos ao lado da horta, de maneira que, se todo sae ben, pronto teremos o noso propio abono fabricado a partir dos restos orgánicos do comedor escolar. Os alumnos de 6º, encargados do compost, están aprendendo moito sobre o proceso da compostaxe e, despois de elaborar uns chamativos e útiles carteis para distinguir o que se pode botar e o que non, pediron colaboración nas dúas cociñas que hai no centro: a da comunidade e a do comedor. Nas dúas colocaron recipientes especiais para separar os residuos orgánicos, ademáis de dar un rápido cursiño de formación ás cociñeiras. Todas están escantadas de poder colaborar, e pronto veremos os primeiros resultados. Aquí tedes unha pequena presentación sobre o compostador. Se queredes ver máis actividades de reciclaxe, visitade o blogue do 3º ciclo.

 

TEATRO. TIME TRAVELLER

O xoves 23 de xaneiro, os alumnos do 3º ciclo asistiron á representación de teatro en inglés "time travellers" ofrecida pola fundación Nova Galicia banco, e que tivo lugar no auditorio Gustavo Freire. Foi moi divertida e os alumnos participaron moito. Resultou moi positivo para eles, xa que adquiriron vocabulario e expresións novas e comprobaron que teñen un bó nivel de comprensión oral.

 

 

APRENDE A COMER BEN

Os alumnos/as de 3º ciclo de Educación Primaria están a participar no proxecto

 

patrocinado pola Fundación Española de Nutrición, a Universidade Camilo José Cela e Nestlé. Ata finais de abril, traballaremos temas tan importantes como os tipos de alimentos, o aparello dixestivo, preparación e conservación, bos hábitos e exercicio físico. Ademáis de traballar na aula, hai un apartado especial para os pais e nais e actividades para facer na casa. Se premedes na imaxe, atoparedes máis información.

 

CHRISTMAS

 

1

2

3

SAÍDA CULTURAL 6º EP. ÓPERA

24/01/2012 - 10:00
24/01/2012 - 14:00
Etc/GMT+1

Hoxe, martes 24 de xaneiro, os alumnos/as do terceiro ciclo de Primaria viaxarán a Lugo para ver e escoitar a ópera "el pequeño elisir d'amore", de Gaetano donizetti. Se queredes escoitar un fragmento, premede na imaxe

Distribuir contido