Asuntillos

DOCES TENTACIÓNS!!!

Onte, venres 20 de febreiro, os alumnos/as de 5º e 6º de EP realizaron o obradoiro "DOCES TENTACIÓNS", enmarcado dentro das actividades de Asuntillos deste curso.

Como auténticos reposteiros, e coa axuda dos monitores (alumnos/as de 3º e 4º da ESO e antigos alumnos do cole), todos os alumnos/as lograron facer os cinco postres propostos: piruletas de plátano, ourizos, bufos, ovos fritidos con patacas e froitas con iogur.

Ao final, cada un degustou o seus postres realizados e recolleron cadanseu diploma.

Mirade como disfrutaron... 

 

MASTERCHEF ASUNCIÓN

O venres
30 de Xaneiro, os alumnos de 3º e 4º de Primaria, participaron nunha nova
xornada de Asuntillos, nada máis e nada menos que “Masterchef  Asunción”.

Entre
todos elaboraron varias receitas de cociña, cambiando cando soaba o sinal, para
que todos puidesen ver a elaboración de todos os pratos.

Elaboraron
tamén unha orixinal tulipa de chocolate de xeito individual, onde cadaquén,
tivo que dar renda solta a súa imaxinación decorándoa o mellor posible para
gañar así, o primeiro premio da “I Edición Masterchef Asunción”.

Os nenos
participaron moi activamente na actividade, disfrutando moito, e sendo axudados
polos monitores de 3º e 4º da ESO e tamén antiguos alumnos do cole, que
colaboraron moitísimo na elaboración das receitas, facendo de xurado e elexindo
ao gañador.

 

ASUNTILLOS DE NOVEMBRO: PASAPALABRA

     O venres 21 de Novembro de 2014, os alumnos de 5º e 6º de
Educación Primaria, participaron na actividade Pasapalabra, enmarcada dentro do
programa de Asuntillos Asunción.

     Consistiu en
dous roscos con todas as letras do abecedario. No primeiro rosco puxéronse
definicións adaptadas aos seus cursos (5º e 6º) para as que os rapaces
tiñan que buscar a palabra adecuada sabendo a letra pola que comezaba.

     O segundo rosco foi moito máis divertido, con probas de habilidade, razoamento,
adiviñas, explicar películas sin usar as palabras tabú en cada caso e por
ultimo probas de caracterización.

     Divertíronse moito e
compartiron unha tarde de xogo e relación entre eles e cos monitores
(alumnos de 3º e 4º de ESO e 1º de BAC). Proba delo son as seguintes imaxes da velada:

 

 

Estos son os animais que formaron cos materiais de que dispoñían: botellas, vasos de iogur, follas secas, noces, landras, froita...
 

OBRADOIRO ART ATACK

 

OBRADOIRO DE COCIÑA

O venres, 24 de outubro, os nenos de 5º e 6º de EP realizaron un obradpoiro de cociña. Imos ver o ben que o pasaron...

 

 

 

 

HALLOWEEN

Comezamos "Asuntillos" 2014-2015" cun especial sobre Halloween. Premede na imaxe para xogar.

 

E aquí tedes as fotos de todo o que fixemos hoxe: un obradoiro de Halloween/Samaín con cabazas, morcegos, pantasmas, telarañas e caramelos. Pasamos unha tarde estupenda facendo a decoración para os corredores do piso, e contamos coa axuda dos monitores de 3º e 4º de ESO e de antiguos alumnos que nos axudaron moito. Grazas!!

CONVIVENCIA "ASUNTILLOS" EN LEÓN.

Os pasados venres 23 e sábado 24 de maio, un grupo de alumnos de 3º, 4º e 5º de Primaria que forman parte de Asuntillos, viaxaron a León con catro dos seus monitores de 3º e 4º de ESO e dúas profesoras para asistir á convivencia organizada para os colexios da zona norte. Tamén asistiron alumnos dos colexios de León e Ponferrada. A experiencia resultou moi motivadora e positiva para os alumnos, que entre outras cousas, fixeron unha gincana románico-gótica pola cidade leonesa.

 

O grupo"Asuntillos" camiña cara Santiago

O "Grupo Asuntillos" percorre un pequeno tramo do "Camiño de Santiago"
 
      O obxectivo desta actividade era descubrir o Camiño de Santiago, pero a mañá deu moito de si e houbo tempo para:
Camiñar, iniciarse no coñecemento da arquitectura, aprender algo sobre a vía do tren, facer sendeirismo, desfrutar da natureza, xogar cos compañeiros, falar cos peregrinos, coñecer as terras de Barbadelo e a súa igrexa, pedirlle algún desexo a Santiago de Barbadelo, tomar as once para coller folgos, facer o cuestionario e ... para fotografiarnos.
    
     Voltamos cansos...moi cansos, pero non nos fixo falta "coche escoba" para recollernos! 
     Pasámolo moi ben! 
 

 
   
  
     Comezamos a camiñata coa:
 
    Oración do peregrino e a lectura do poema de Machado
   
      "Caminante no hay camino
       se hace camino al andar..." 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

 
 
 
 
 
 
   
 
       Comezamos e empinada costa da   Mercede, pero....
 
      " A Santiago vou lixeiri...ño    ca...miñando, ..."
 
 
 
 
 
 

 
 
 
 
 
 
     Parada diante do Mosteiro da  Magdalena para que o noso guía  Martin nos fale do "Camiño" 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

 
 
 
 
 
 
 Ponte da Áspera:
               Ponte romana sobre o río Celeiro, construída con trozos de pizarra e os arcos de granito, que fala do paso dos romanos por Sarria, aló polos séculos XIII e XIV.
 
 
   "Mochila ás costas e paso lixeiro!  A este grupo non lle faltan folgos!
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
   
     
Atravesando o regato polo pontixo de madeira, para  comezar a subida cara Barbadelo!
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

 
 
 
 
 
   
 
   Tomando alento, despois da subida do souto!
 
 
 
 
 
 
 
 
 

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
      Adentrándonos nas terras de    Barbadelo! 
   
 
 
 
 
 

    
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
     Unha iniciación a arte románica e tempo para a oración!
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

 
 
 
 
 
 
 
 
 
       No podía faltar a foto da    fermosa fachada, co seu arco de  medio punto!
 
 
 
 
 
 

 
 
 
 
   Tomando as once! Hai que repoñer forzas para coller o camiño de volta! 
 
 
 

 
 
 
 
 
 
 
       Pequeno descanso diante da    fermosa fachada do Mosteiro da  Magdalena!
 
 
 
 
 
 
 
 

 
 
 
 
 
 
 
 
   Como non chegamos a Santiago,    no lugar da "Compostelana"  acadamos un diploma!
 
   A compostelana non tardará en chegar!
   Isto foi o comezo! 

"MIRA E COPIA"

Obradoiro de Nadal. Adornos reciclados.

O venres 29 de novembro o grupo "asuntillos" levou a cabo un obradoiro de adornos de Nadal. Fixeron catro manualidades diferentes: guirlandas e estrelas de papel, bolas de lá, guirlandas de tapóns e figuras de pasta de sal. Todos os rapaces pasaron por todos os grupos e aprenderon como facer adornos para a árbore de Nadal feitos por eles. Pasárono moi ben e pronto poderemos ver as súas creacións adornando o colexio. Os monitores da ESO fixeron un traballo estupendo. Moitas grazas polo voso tempo e dedicación.

OBRADOIRO DE COCIÑA

OBRADOIRO DE COCIÑA

Venres, 18 de outubro de 2013
Hoxe comezou un novo ano do grupo "Asuntillos" cun obradoiro de cociña.
Para levar a cabo a actividade contamos con monitores da ESO e tamén con antigos alumnos/as. Agradecemos a vosa colaboración!!!
Comezamos facendo os grupos e os monitores encargáronse de preparar coa vestimenta adecuada aos participantes, elaborando eles mesmos mantelos e gorros para a ocasión.
Xa estabamos listos e puxémonos a traballar. Fixemos tres recetas sinxelas coas que desenvolveron os distintos sensos, e nas que se empregou como ingrediente principal a froita, facéndolles ver a importancia da mesma na nosa dieta diaria.
Ao final degustamos o que preparamos e pasámolo así de ben!!!

 
 

 

DESPEDIDA DE ASUNTILLOS 2012 - 2013

O pasado mércores, 12 de xuño, celebramos a despedida de Asuntillos deste curso 2012-2013.

Tanto os alumnos/as, pre-monitores coma os profesores disfrutamos dunha sorprendente tarde, na que, tras realizar diferentes probas dunha "gymkana" pola vila de Sarria, os participantes recibiron cadansúa medalla.

Os pre-monitores tamén recibiron o seu diploma como recoñecemento á súa labor e aportación durante todas as actividades de Asuntillos deste curso.

Para finalizar merendamos todos xuntos nas pistas do colexio.

 

 

 

 

 

 

 

 

Ruta en bicicleta


Hoxe, sábado 4 de maio, realizamos a "Ruta en bicicleta" do grupo Asuntillos.


Pasamos unha moi boa mañá xa que o día foi moi bo.


Divertim
onos moito coa ruta que os monitores nos tiñan preparada e finalmente todos os participantes recibiron un diploma!!!.


A continuación tendes as fotos desta xornad
a! 

    

 

 

  

ASUNTILLOS

 

Que é Asuntillos ?

Este curso 2012-2013 iniciamos  ASUNTILLOS gracias á colaboración de moitos mestres do centro e relixiosas.

O noso o obxetivo é crear un espacio, dentro da pastoral da Asunción, onde nenos e rapaces do colexio podan aprender e gozar do ocio e o tempo libre dun xeito san e divertido.

Está destinada a alumnos de 3º e 4º EP, dirixidos por monitores de 3º e 4º de ESO, antigos alumnos do colexio, e profesores responsables da actividade.

Entre as actividades que se levan a cabo, destacamos as segiuntes: obradoiros de cociña, obradoiros de teatro, música e canto, identificación das plantas, rota en bicicleta, sendeirismo, obradoiro de barro,...

Aquí tedes o calendario de actividades.

Tamén, en breve, deixaremos a vosa disposición as diferentes actividades e obradoiros que xa se levaron a cabo, asi como fotos que demostran a ledicia e satisfacción dos nenos e nenas.

 

 

 

 

OBRADOIRO DE COCIÑA

Venres, 13 de novembro de 2012 

Era o comezo de ASUNTILLOS! Todos estabamos emocionados e preguntabámonos, como iría  todo.

Os monitores  prepararon os grupos para comezar a actividade. Con eles, farían mantelos e gorros para o obradoiro de cociña. Tamén lles comentaron unhas normas moi propias da cociña. E con todo isto, marcharon  todos á cociña. Como tiñamos a catro “Súpercociñeiras” cada grupo foise cunha delas.  Aprenderon a preparar  diversos platos que despois probarían e así terminariamos o obradoiro de cociña. Antes, entregóuselles a cada un un diploma de “Bo cociñeiro”. Tamén se lles deron as receitas  do que prepararan na cociña. E todos marcharon felices co seu mantelo, gorro, as receitas e co seu diploma.

 

  

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

OBRADOIRO DE TEATRO

Venres, 14 de decembro de 2012

Co entusiasmo do primeiro obradoiro, os rapaces chegaron dispostos a pasalo ben e a facer teatro. Os monitores, xunto coas mestras, prepararan a actividade: tres obras  de teatro e así terían que distribuír aos participantes. Ubicáronse en tres espazos e en cada un dos grupos repartíronse os papeis da obra, e tamén prepararon os decorados, pois acordouse que se ían  representar cada unha das obras e convidar para asistir a velas. E así foi. Os rapaces fixérono estupendamente e tiveron o seu diploma en “Artes escénicas”. Os pais marcharon encantados  e riron moito na representación.

                  

OBRADOIRO DE MÚSICA

Sábado, 23 de febreiro de 2013

E este sábado, tiñamos Música. Os alumnos/as chegaron coas frautas. E, ao son da música, tocaron, bailaron e cantaron. Todos entusiasmados polo que lograran harmonizar. Os monitores participaron, como sempre, axudando aos mestres e dirixindo aos grupos á hora do baile. E como non... !!! O diploma en música non podía faltar. Cada vez que teñen un diploma, os cativos marchan felices. E ata o próximo Asuntillo!

             

OBRADOIRO DE MANUALIDADES

Vernres, 15 de marzo de 2013

O tempo non nos axudou a preparar a actividade que tiñamos prevista: unha saída ao campo para identificar plantas e flores. Converteuse nun “obradoiro sorpresa", un obradoiro de manualidades. Prepararon as mestras e os monitores o material; con fieltro cortáronse algúns modelos de flores, follas, etc. Con todo ese material, podían facerse colares, pulseiras,... e os nenos, ao rematar, ofrecíanllos ás súas nais. Un bonito agasallo!  Foi outro tipo de obradoiro que gustou e do cal marcharon encantados.

                

OBRADOIRO DE BARRO

Vernres, 12 de abril de 2013

Tivemos que axustar os obradoiros e o obradorio resultou xenial: un obradoiro para modelar barro. Os monitores, cos mestres, prepararon o material: uns mantelos para non mancharse, xornais para cubrir as mesas, e uns baldes de auga. Os rapaces estaban case ao completo (de 31 que forman o grupo estaban 29). Foi un éxito total. A creatividade, a posibilidade de manipular barro,... resultoulles moi agradable. Estes nenos e nenas de 3º e 4º de EP son incríbles! .  Foron expostos todos os traballos realizados por eles e cada un puxo un nome aos seus modelados. De novo, a imaxinación que teñen déixanos abraiados.

                 

Distribuir contido