Iniciar sesión: Acceso

Vida saudable

Vida saudable

Nesta etapa de 0 a 6 anos queremos construír un currículo baseado nas oportunidades. Priorizamos os procesos para adquirir aprendizaxe, sen presionar para chegar rapidamente a resultados visibles e cuantificables. Neste camiño, deseñamos diferentes proxectos que confluentes entre eles, e as distintas actividades, permiten adaptarse a cada grupo de ideas, intereses e gustos persoais, para que cada un vaia construíndo de forma creativa o seu propio camiño de crecemento e desenvolvemento.

O proxecto Vida saudable propón unha serie de hábitos para fomentar unha rutina diaria saudable dende idades temperás.

A proposta Petiscos saudables está a ser un éxito. As nosas parvas de froita de temporada e de calidade son a delicia dos máis cativos.

A creatividade das familias non ten límite, e comer de forma saudable tamén pode ser divertido e terrorífico.


Distribuir contido