Iniciar sesión: Acceso

Bolsas de comedor

Bolsas de comedor
En trámite o requerimento de subsanación de solicitudes e documentación para a resolución de bolsas de comedor, actividades extraescolares e/ou material escolar, curso escolar 2020-2021.
O prazo de subsanación está aberto dende o día 5 de setembro 2020 ata o día 14 de setembro de 2020 (ámbolos dous incluídos).

CURSO NOVO, NOVA ESPERANZA

CURSO NOVO, NOVA ESPERANZA
Con moita pena confinámonos no mes de marzo, o que fixo que o remate do curso 19-20 fose diferente, e con moita alegría dicímoslle ola ao novo curso neste mes de setembro.
En cada período escolar escribimos un libro que enche as súas páxinas de emocións, aprendizaxes, risos, bicos, aloumiños... O libro deste curso será especial e nel haberá máis dun capítulo adicado ás medidas de prevención da pandemia, pero tamén en moitas páxinas escribiremos a historia do tempo de medrar que imos compartir.
Raiola vai reabrir as súas portas coa bandeira da responsabilidade ao vento, buscando a normalidade, que paradoxicamente na escola é sempre a suma de moitos pequenos momentos extraordinarios.
Esperámosvos para que xuntas e xuntos formemos unha vez máis a gran familia de Raiola, que vai cara ao medio século de funcionamento.
Vémonos axiña.

Inicio de curso 2020-2021

Inicio de curso 2020-2021

FIN DE CURSO SINGULAR

FIN DE CURSO SINGULAR

19 DE XUÑO, REMATA UN CURSO SINGULAR


Este venres día 19, sería o día destinado a rematar o curso 19-20.
O día de hoxe, no que o clima acompaña, a nosa escola estaría desfrutando dunha mañá de festa e preparando o FESTIVAL DE REMATE DE CURSO a celebrar á tarde.
As circunstancias de saúde pública nas que nos vemos inmersos fixeron imposible cerrar o actual período escolar coa solemnidade e emoción que se merece tal momento.
O persoal de Raiola que esta mañá está na escola dedícavos esta imaxe na que vos mostra que o ánimo e a ilusión por facer un bo labor educativo non decae.

TITORÍAS AO AIRE LIBRE

TITORÍAS AO AIRE LIBRE

Neste final de curso tan estraño estamos a recibir ao noso alumnado de forma individual, nunha despedida que nunca criamos posible.

As titorías ao aire libre dannos a oportunidade de afrontar este adeus diferente, cos nosos espazos exteriores como escenarios educativos.

As nenas e os nenos vanse e Raiola queda esperando novas xeracións que trouleen e rían.

Proceso de admisión 0-3

Proceso de admisión 0-3

PROCESO ADMISIÓN 0-3

Este luns 1 de xuño publicamos no taboleiro da secretaría do centro os LISTADOS DE NENOS E NENAS ADMITIDOS DE 0 A 3 ANOS para o vindeiro curso 2020-2021.

Podedes chamar ao 981594060 ou pasar pola secretaría do centro de 9-14 horas.

17 de Maio, Día das Letras Galegas

17 de Maio, Día das Letras Galegas

As pitas baixo a choiva

As pitas baixo a choiva

17 de Maio, Día das Letras Galegas 2020

17 de Maio, Día das Letras Galegas 2020

Contádelle ás vosas nenas e nenos por que o 17 de maio é o DÍA DAS LETRAS GALEGAS....
O 17 de maio de 1863 publicouse CANTARES GALLEGOS de ROSALÍA.
Na conmemoración do centenario desta data, no ano 1963, estableceuse a celebración do DÍA DAS LETRAS GALEGAS, que ten como finalidade difundir a obra de autores e autoras que escriben e defenden a lingua e a cultura galega.
As persoas elexidas deben levar dez anos como mínimo finadas.
A Real Academia Galega é a encargada de tomar a decisión cada ano de poñerlle nome á persoa elexida. As candidaturas para recibir tal honra poden chegar dende colectivos culturais e sociais diversos.
A cada autor ou autora seleccionada adicáselle un ano natural no que se difunde a súa obra, e ponse en valor a súa figura.
A primeira homenaxeada foi Rosalía, e este ano a elección recaeu en Ricardo Carvalho Calero.
A situación excepcional que vivimos está a impedir que se poidan realizar os actos previstos na honra de Carvalho Calero. Por este motivo a RAG decidiu que 2021 volva a ser o ano de Carvalho Calero.


Apertura do prazo de admisión

Apertura do prazo de admisión
ABRIMOS PRAZO DE ADMISIÓN
SOLICITUDES DE PRAZA PARA O CURSO 20-21
NO PRIMEIRO CICLO
solicitude xunto coa documentación complementaria poderá presentarse:
  • a través do correo electrónico: cpr.raiola@edu.xunta.es
  • ou na secretaría de Raiola, de forma presencial, a partir do 11 de maio. De optar por esta vía, rógase pola seguridade de tod@s que chame ao teléfono 981594060 para confirmar cita.

prazo de admisión de solicitudes estará aberto ata o 25 de maio.

Se tedes dúbidas sobre o proceso, podedes solicitarnos máis información no email ou teléfono do Centro.

Descarga o formulario de solicitude de admisión pinchando aquí.

 

ABRIMOS PRAZO DE ADMISIÓN
SOLICITUDES DE PRAZA PARA O CURSO 20-21
NO SEGUNDO CICLO

O prazo de presentación solicitudes de 3 a 6 anos reabrirá do 11 a 18 de maio, ambos incluidos.

Para garantir a seguridade de tod@s, chamar a Secretaría, 981594060, para concretar cita.

OUTROS PRAZOS;

  • Publicación dos listados provisionais de admitidos e excluidos, antes de 9 de xuño.
  • Publicación dos listados definitivos, ata o 26 de xuño.
  • O prazo de formalización de matrícula, do 1 ao 10 de xullo.
Distribuir contido