Iniciar sesión: Acceso

Escola para aprender e xogar

O edificio está rodeado dunha gran superficie na que xogar e pasear as nenas e nenos ao aire libre, como parte da identidade de Raiola.

Nas lembranzas das nenas e dos nenos que fixeron en Raiola a súa entrada na vida escolar están xa para sempre as copas altas dos pinos que nos rodeaban, as castañas dos nosos castiñeiros no outono, a herba ou os paxaros que acompañan dende as ponlas,...

Na actualidade a paisaxe cambiou, estamos en proceso de reforestar a zona que oucupaba o piñeiral con novas árbores autóctonas que serán no futuro parte do universo de xogo e disfrute dos nenos e nenas que aistirán a Raiola.

Este entorno natural que rodea a Raiola constitúe, por tanto, un fantástico recurso didáctico que nos encanta aproveitar.