C.R.A. DE RIANXO  

HISTORIAS  2006-07

                             
        O FOGUETE DA PAZ      
             
             
  Os nenos e nenas de Capela fixeron o conto, "O foguete de Paz"  
       
       
       

Erase unha vez que os nenos e nenas da Escola de Capela tiñan un foguete de xoguete.

Un día cando estaban xogando no recreo, o foguete caeu da mesa e rompeu en mil anacos.

Os nenos e nenas intentaron arranxalo pero non foron capaces.

Puxéronse moi tristes e saíron ao patio a botar unha carreira.

Cando entraron de afora, o foguete estaba arranxado .

Ao intentar collelo sairon pombas brancas da barriga do foguete.

Cada pomba levaba no peteiro unha palabra fermosa.

Ao abrir a porta saíron voando para todo o mundo.

A todo o mundo lle lembraron que os conflictos se resolven coa palabra.

 

        PRESENTACIÓN