CRD Vigo - Centro Residencial Docente Vigo
Foto do widget de novas
Foto do widget de actividades
Actividades

O Magosto Curso 2015/2016
O Samaín Curso 2015/2016
Excursión a Manzaneda 2014/2015
Entroido 2015
Visita á Exposición Out To Sea Fundación Barrié

Fins

Os fins propios do Centro Residencial Docente, a máis dos de facilitar aloxamento e manutención aos estudantes, son os seguintes:

  • Promover e fomentar nos estudantes resi­den­tes os prin­ci­pios de liberdade, xustiza, con­vivencia, cola­bora­ción e solida­riedade no contexto plural da sociedade.
  • Estimular a responsabilidade indi­vidual na súa condición de estudantes e proporcionar un ambiente axeitado de estudo como marco propicio para a súa actividade académica.
  • Posibilitar unha formación cultural e cientí­fi­ca para unha edu­cación integral.
  • Favorecer a formación física e deportiva do alumnado residente.
  • Fomentar actitudes que favorezan a integración do alumnado residente.
  • Incentivar a participación responsable na toma de decisións e na resolución dos conflitos.
  • Promover a participación das familias no desenvolvemento integral dos seus fillos/as, con especial fincapé no que respeta  aos valores inherentes á convivencia democrática.