CRD Vigo - Centro Residencial Docente Vigo

Identidade

Estilo educativo

O centro, dado o seu carácter público, réxese polo principio de neutralidade ideolóxica, de maneira que renuncia a todo tipo de adoutrinamento, sectarismo e proselitismo e basearase no pluralismo, nos valores democráticos de cnvivencia, e nas ideas recollidas na Declaración Universal de Dereitos Humanos.

Estilo de convivencia

O centro propiciará a creación dun marco de relación no que sexa fomentado o desenvolvemento de valores baseados no respeto á identidade persoal de cada quen, é decir, a súa identidade sexual, cultural, política e religiosa.

Confesionalidade

O centro defínese como laico e respetuoso con todas as ideas relixiosad. Todas as actividades que se realicen estarán exentas de calquera orientación religiosa. Do mesmo xeito, o CRD evitará a existencia de toda simboloxía religiosa con carácter permanente.

Linguas do centro

No centro fomentarase como lengua de aprendizaxe, ambiental e de relacións  mutuas o galego, pero respetando o dereito de cada membro da
comunidade educativa a utilizar calquera das dúas linguas oficiais dentro do que cada momento fixen as normas legais vixentes.

Coeducación

O centro fomentará a convivencia entre os distintos sexos tratanto de eliminar as discriminacións e de fomentar o respeto.

Participación

O centro impulsará a participación crítica e responsable na propia actividade, como aprendizaxe para unha vida de cidadá adulto, comprometido cos valores de  liberdade e responsabilidade, tolerancia, xustiza, igualdade e valoración do esforzo.